O final costou o seu pero finalmente aquí está o especial de hardcore gabacho. Tiña en mente ir facendo especiais cada pouco sobre distintos países, o final creo que polo menos no de Francia vou ter que facer varias partes, supoño que non sei elexir. Si a alguen non lle funciona ben algún link que me avise, tamén se aceptan queixas, consellos, anthrax, ...se alguen quere colaborar tamén :) fightclub_69@hotmail.com
Comezamos con este tremendo grupazo de brutal hardcore de Tolousse, sen dúbida, do millorciño de Francia. Formáronse en 2006, xa tocaron por varias partes da península, incluso aquí en Cuntis con Sekia na Ría e algún grupo máis do que non me lembro, concerto na que seica a liaron bastante. Coros brutais, doble pedal a tope... e por certo, teñen un tema en castelán.Esta é a demo que grabaron o ano pasado, tres temazos que tamén estan incluidos no split que sacaron con Fat Ass.
Descarga:
http://rapidshare.com/files/116668867/Alea_Jacta_Est_-_demo_2008_by.nacho.rar

Descarga:http://rapidshare.com/files/156674605/Alea_Jacta_Est-_xFat_Assx_-_Split_CD_2008.rar
E de regalo un vídeo:
KICKBACK
Dende a capital francesa, cun sonido bastante peculiar. Rollo metal hardcore, con algunhas cancións bastante sanguinarias.
Descarga: http://rapidshare.com/files/153326574/Kickback_-_Les_150_Passions_Meurtrie_res_-_2000_by.nacho.rar
My space:
http://www.myspace.com/kickback
L´ESPRIT DU CLAN
Esta vez falamos de veteranos. París, 1992, un par de estudantes mercanse os seus
primeiros instrumentos e comezan unha campaña na que enchen París cun nome: L´Esprit Du Clan.
Normalmente os grupos de hardcore-metal me molan, pero non os chego a escoitar demasiadas veces porque me acabo colapsando;Neste caso sí, molanme a saco.
Este ano estan de xira por Europa, aínda que polo de agora parece que non se van deixar ver o pelo pola Península.
Eso sí, se algún de vos
por algún casual ten
pensado ir a Polonia, Serbia, Bosnia ou a República Checa, ou loxicamente a Francia, estade atentos. 100% recomendados.
My Space: www.myspace.com/lespritduclan
Descarga:http://www.mediafire.com/?ymdtzzmtkqm
KILL FOR PEACE

Hardcore dende o espíritu, antiautoritario e cabreado dende o norte de Francia. Formados en 2005, estes catro franceses tocaron con bandas como Terror, Backfire, Folsom... e en brevísimos con Death Before Dishonor, en Francia claro, non vos emocionedes. Teñen unha demo que sacaron en 2007 e, do mesmo ano, un split ca banda xa desfeita Frozbit. Non puiden conseguir nin a demo nin o split, asique non temos máis remedio que conformarnos co my space:
www.myspace.com/killforpeace59
8 CONTROL
“Decidimos ofrecervos grauitamente “Catharsis” porque é a maneira da que vemos o hardcore hoxe en día. Non necesitamos a millor publicidade, nin o millor traballo artístico. Facemos música porque queremos que a xente escoite os nosos temas”.
Pois eso, non dubidedes en descargarvos seu disco directamente dende a súa web, temazo tras temazo.
My Space - www.myspace.com/8control
Aquí tedes seu videoclip:
by 8control
Creados no 2002, e apuntito de sacar seu novo cd. Según dín no seu my space, os seus novos temas son algo máis old school, volta as “raíces do hardcore”.
O disco que vos deixo para descargar é do 2007, onde estaban máis influenciados pola escea NY.
Descarga:
http://rapidshare.com/files/217818555/Edwood_-_One_Commitment__2007_.rar
Myspace:
http://www.myspace.com/edwoodhardcore
Máis fodido hardcore beatdown, supoño que é que o se leva pola France.
Este é seu primer disco e non sona nada nada mal.
Descarga:http://www.mediafire.com/?mmtl2g1xdzu
My Space:http://www.myspace.com/eightsins
OUT FOR THE COUNT
Máis grupos de París. Out for the Count, riffs poderosos, rap e beatdown devastador. Eles mesmos din estar influenciados polo hardcore de mediados dos noventa e a escea hip hop.
Between light and shade we all stand!!
Descarga:
http://rapidshare.com/files/210513299/Out_For_The_Count_-_Between_Light_And_Shade__2007_.rar
My Space:
http://www.myspace.com/out4thecount
“Demasiado heavy para ser punk, demasiado punk para ser metal. Que vos fodan a todos. Esto é Paris Hardcore” Ahí queda iso.
Descarga:
http://rapidshare.com/files/168536598/Days_of_Discord_-_The_Thong_behind_the_Thug__2007_.rar
My Space:
http://www.myspace.com/daysofdiscord
EVERY SECOND WEEK
Dende Caen, hardcore punk bastante guapo. (tamén é certo que había que darlle certa diversidade os estilos musicais)
Esta é a súa demo autoproducida de 4 temas.
Descarga:
http://rapidshare.com/files/161076856/Every_Second_Week_-_EP__2008_.rar
My Space:
http://www.myspace.com/everysecondweek
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ FRANCE HARDCORE !!!!!!!!!!!!!!










Thx man!
ResponderSuprimiryou must try the new Kickback, devastating!
Danforth, Onesta and xProvidencex are pretty average Hc bands too, I dont really like them, but they're everywhere here